Index
| Presentación |
Hemeroteca | Coordinación |
Comité |
Contacto
ILUSTRACIÓN
por
Sara Lamas
Ver número 17 de Unión Libre: Retrospectiva Sara Lamas
Presentación
A artista lucense Sara Lamas cultivou a pintura, o debuxo, o gravado, a
artesanía e o deseño, e a súa obra ten sido exposta en Lugo e en Santiago de
Compostela. É autora de ilustracións en diversas revistas (Moenia, Ólisbos,
A tola soñando, Clave Orión, Valdeleite, Evohé, Artesonado,
Tempos Novos) e xornais (La Voz de Galicia, O Correo Galego),
así como nos libros Extrema Europa
e A unha muller descoñecida
de Claudio Rodríguez Fer, A teta
sobre o sol de Olga Novo e Alba
de mulleres de Carmen Blanco.
Dende a súa fundación, en 1996, encargouse da ilustración en Unión
libre. Cadernos de vida e culturas,
que no primeiro número
xirou en torno ao tema da muller (triángulos, orificios, cabeleiras, círculos),
no segundo ao redor do mundo celta (espirais, escritura ogámica, restos
figurativos) e no terceiro sobre formas cósmicas (astros, satélites, estrelas,
nebulosas). O cuarto número, titulado “Erotismos”, mostrou a súa característica
viveza e sensualidade na representación do nu e preludiou as amplas series
monográficas inspiradas na música e nas artes africana e amerindia dos
seguintes cadernos, titulados, respectivamente, “Cantares”, “Negritudes”
e “Indíxenas”. O número 8, dedicado á “Paz”,
está ilustrado cun deseño integral a partir de trazos e manchas abstractas, e
presentouse na Galería Sargadelos de Lugo acompañado dunha exposición de
debuxos e retratos relacionado co proxecto Unión libre.
Así mesmo, é responsable en Lugo dun Taller de Creación dedicado á
ensinanza do debuxo e da pintura e á producción de artesanía en papel maché.
Índice
de Ilustración
Index
| Presentación |
Hemeroteca | Coordinación |
Comité | Contacto